lunes, 11 de julio de 2011

jueves, 9 de diciembre de 2010

Fin do ciclo Outonalidades 2010

A semana pasada rematamos os concertos que, dentro do Ciclo Outonalidades 2010, nos achegaron un pouquiño máis a Potugal.
Comezamos en setembro co dúo JOAO GENTIL E LUÍS FORMIGA, en outubro convertemos o Ultramarinos por unha noite nunha casa de fados cos FADOS A PRETO E BRANCO do Ruí Oliveira, en novembro tivemos a maravillosa voz de SOFÍA VITÓRIA co proxecto Palavra de mulher e rematamos a semana pasada cos açorianos JOAO DA ILHA.
Todo un luxo poder participar neste ciclo organizado pola ASOCIACIÓN D'ORFEU

jueves, 4 de noviembre de 2010

O ciclo Outonalidades na TVG

O sábado pasado, no programa Cultura 10 da TVG, fixeron unha pequena reportaxe sobre o ciclo Outonalidades. Estiveron cun grupo galego, Pé de boi, nunha das súas actuacións en Portugal e estiveron cun grupo portugués (Fados a preto e branco) no concerto que ofreceron no Ultramarinos o xoves da semana pasada.
Podedes ver a reportaxe neste enlace: Cultura 10

viernes, 29 de octubre de 2010

Unha semana cargada de actividades...

Remata unha semana cargada de actividades no Ultramarinos.
O luns tivemos unha edición máis do DAR NO CRAVO onde saiu gañador un novo grupo: AMEBAS, despois dun desempate a chistes...
O mércores, LA TROBA KUNG-FÚ encheu de cumbia e rumba catalana o Ultramarinos facendo bailar a todo o público. E coronáronse cando cantaron A saia da Carolina (en galego, por suposto!).
O xoves, na maravillosa voz de Rui Oliveira puidemos escoitar fados e algunhas cancións de autores como Zeca Afonso. Grazas ao ciclo Outonalidades que facilita a posibilidade de que músicos galegos toquen en Portugal e músicos portugueses veñan a Galiza.
Agardamos as vosas opinións sobre os concertos!!!

sábado, 23 de octubre de 2010

Combate de Dj's!!



O pasado martes tivemos un PRESSING CATH en toda regra: por un lado Espalda kemada (García MC) e por outro lado BIGOTE MIX (Hevi). Despois de escoitar todos os estilos de música posibles, o público quixo que Bigote Mix deixase K.O. a Espalta Kemada.

Qué vos pareceu o combate?


PRESSING CATH DE BERROBAMBÁN:
Vivimos na era do medo: limita a nosa liberdade e fainos manipulables, bonecos das novas tecnoloxías, dos medios de comunicación, do poder. É curioso que un dos programas televisivos de maior éxito sexa o da violencia teatralizada.
Berrobambán usa convencións e a estética do pressing catch, pero os seus loitadores e loitadoras non son Hulk Hogan: son xente cotiá, somos calquera de nós loitando pola supervivencia. “Hoxe tocoulles estar entre o público, pero mañá, calquera de vostedes pode estar no ring”. Esa é a proposta de Paula Carballeira, autora dun texto audaz e combatente. Ao talento da escritora, unha voz fundamental no teatro galego contemporáneo, súmase, na dirección, a do dramaturgo e actor Quico Cadaval.

martes, 19 de octubre de 2010

XA TEMOS WEB!!!


Hoxe presentamos a nosa web [ www.ultramarinos.org ] na que iremos colgando novas relacionadas coa programación, coas ofertas que teñamos e na que podes dende descarte fondos de pantalla do Ultramarinos ate facernos unha visita virtual!!
Co cal, este BLOG pasa a ter un sentido totalmente diferente ao que tiña ata agora, pretendemos crear un espazo no que poidamos interactuar, onde tí expoñas a túa opinión sobre as cousas que se cocen no Ultramarinos e en Compostela: os nosos concertos, o Dar no Cravo, a nova web, a visita do Papa...
Opinemos!!!

martes, 5 de octubre de 2010

POTION aterrizan no Ultramarinos dende San Francisco



Dúo de San Francisco baseado no electro-pop e formado por Annie Maley (voz e bases) e Michel Bedoya (voz e guitarra). A súa música é sofisticada e fan unha verdadeira síntese de elementos. O son de Potion pódese comparar con grupos como B-52s ou The Pretenders e podería ser descrito como unha mestura entre a electrónica dos 80 o pop Zombie dos 60 e incluso o Cabaret! (cantan en francés, español, alemán…).

xoves 7 de outubro
ás 22.00
entrada 5€