jueves, 25 de marzo de 2010
GUSTAVO ALMEIDA & Brasilian Night en concerto no Ultramarinos
Cantante e compositor brasileiro. Fillo da consagrada cantante brasileira Ellen de Lima e irmán do tamén cantante Rodrigo Almeida, entende a música como un medio de comunicación.
Deixou o seu país hai algúns anos para viaxar por Europa e coñecer outras culturas. Viaxou por moitos recunchos e, através da súa mente aberta, está gradualmente a crear a súa propia identidade musical.
Difícil de clasificar, cada unha das súas cancións trata de algo diferente, pero basicamente ten o mesmo vínculo que as une, a súa música emana positividade.
xoves 25 ás 22.00
entrada 2€
viernes, 19 de marzo de 2010
martes, 16 de marzo de 2010
LEO MINAX en concerto
"Non só ten o raro talento de dar coas palabras adecuadas senón a voz e a maneira con que facelas soar plenamente. Rima con vigor, intelixencia e elegancia. O seu son está elaborado con capas do B-rock máis recio e perdurable, da sensibilidad da canción que houbo antes e do espírito urbano que hoxe late en Brasil, territorio do cal forma parte a valiosa identidade musical de Leo Minax". (BRUNO GALINDO)
***
Leo Minax naceu en Belo Horizonte, capital do Estado de Minas Gerias, Brasil. Veciño de Madrid na actualidade, xa ten seis discos publicados. Intérprete esixente, mestura as influencias brasileiras co jazz, o pop, a música clásica, o folc e o rock. Minax desarrolla dende fai moito o seu discurso musical. Concibe a creación artística dende a inquietude, e dende a perspectiva da reelaboración constante da súa proposta.
Mércores 17 ás 22.00
entrada 5€
viernes, 12 de marzo de 2010
FINAL TRIMESTRAL DE DAR NO CRAVO
O próximo luns 15, ás 22.00, teremos a FINAL TRIMESTRAL do noso particular xogo de preguntas e respostas DAR NO CRAVO!!
E o reparto de CRAVOS está da seguinte maneira:
con UN CRAVO: "Mala señal", "Filólogas dramáticas" e "Comando kamándula"...
con DOUS CRAVOS: "As laikas", "Érache milaghro" e "Renting car"...
A COUSA ESTÁ QUE ARDE.......
AS PERLAS DO CRAVO DO 8 DE MARZO
Noite realmente frikitona a do luns pasado, entre despistes, gardenias, sintonías rebeldes, aglomerados humanos en forma de equipo, e atropeladas chamadas internacionais.
No medio de todo isto, irrumpiu o Komando Kamándula, que deu no cravo á primeira e ameaza con crear un verdadeiro atasco no último luns do trimestre.
Perlas: A muller biónica naceu de outra serie americana. Cal? Respostas: El hombre biónico, Razzinger Zeta, Batman, Los cuatro fantásticos, Barbarella, Wonder woman e Sexo en Nueva York (era O home dos 6 millóns de dolares)
A flor friki foi a Nomeolvides, pero como a pista era que a flor tiña un nome friki, sairon: Ultramarina, Margarita azulita, miña nai chámalle Nieviña, La flor de mi secreto e Flor-inda chico!... Ver máis
Para a pregunta “Quen dixo que o traballo dignifica o home?” houbo respostas canto menos peculiares: aparte a galaica “Franco o no” das Laikas, os membros do Cuarto elemento lucironse cun “Catalina II” (Zarina de Rusia!), e os amigos de La Camorra Santiajesa puxeron “El Rey de España”, tacharono e correxiron: “Nixon”. Non sei eu que era mellor...
As Meigas Picheleiras tomaron moi en serio o aviso do Presentatore da semana pasada, na que afirmaba a necesidade dun grupo favorito que non acabase gañador para non despertar sospeitas. Á pregunta anterior contestaron “Dinio” e sacaron unha transparente penúltima praza. Non pedía tanto, chicas...
Dúas comunicacións personais. 1: “Máis listos ca un allo”: no espacio libre da pregunta desierta puxechedes “Vendemos entradas para o Circo do Sol → 250€ + boli bic de regalo”. Hai algo que non cadra... 2: Filólogas: se a pista é “Pensade tal cousa en clave italiana”, non é preciso recurrir inmediatamente a Raffaella Carrá e Laura Pausini...
Perla da semana para Os do cuchifril: “Como se chama o relato de Oscar Wilde que é unha parodia das novelas de terror?” R:“Sálvame Deluxe”
cine mudo + chocolate con churros
Este domingo 14, ás 19.30, unha nova tarde de CINE MUDO E CHOCOLATE CON CHURROS. Non a perdades, só quedan dúas... cando remate marzo deixamos o cine mudo e o chocolate con churros ate o próximo outubro...
lunes, 8 de marzo de 2010
OLGA ROMÁN en concerto
É coñecida por ser a voz feminina dos discos e os concertos de Joaquín Sabina. Pero en solitario ten dous discos editados. É cantante, compositora e unha intérprete de grande sensibilidade.
En palabras de Sabina: “cando en prazas de touros imposibles pega a súa voz a min, os seus coros rompen teitos e fusibles e o don do seu despeito destápase. Non exerzo de vidente, pero poñede o seu charme nas antenas e eu estarei aplaudindo de rodillas”
XOVES 11 ás 22.00
entradas: 10€ anticipada e 12€ en taquilla
Suscribirse a:
Entradas (Atom)