A programación cultural habital do Ultramarinos despídese ate outubro.
Neste curso 2009-2010, pasaron polo 34 de Casas Reais os seguintes artistas:
Jur, Bart Davenport, 6PM, Coque Malla, Athanopoulos-Pin Jazz quartet, Cello Solo, Les trois de Cora, La edad prohibida, Fred Martins, Dirty Socks, Le Punk, U-lo trío?, Malandrómeda, Indómitos, Alddao, Toni Lomba & Elio dos Santos, Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xabier Díaz, García Show, Meninos Carentes, Monkillos, Mosca Gogó, Tiempo Cuatro, Carlos Blanco, Gramola, Olga Román, Leo Minax, Gustavo Almeida, Xan Campos trío, Pablo Seoane dúo, Alberto Pérez, Los hijos bastardos de Peter Lorre, Emilio José, Marcelo Mercadante, Roberto Sobrado, Loretta Martin, Mago Vituco, Igloo, Mofa e Befa, Victor Coyote, Los chavales, Roger de Flor & os silvestres, Sinestesia, Fluzo e Dúo Fernández & Quintá.
Á parte de todo isto, fomos o local oficial de copas do Curtocircuito e da Feira Galega das Artes Escénicas.
Tamén son moi importantes dúas actividades que un bo día nos deu por argallar e que están gustando moito á xente: DAR NO CRAVO e as tardes dominicais de inverno de CINE MUDO E CHOCOLATE CON CHURROS.
E, por suposto, non nos podemos olvidar dos nosos Dj's!! Fran, Javi, Rober e Nathan!! Fran Reixa, Lagartija, Abel, Hevi...
MOITAS GRAZAS A TOD@S!!!
VOLTAMOS EN OUTUBRO CON NOVAS ACTUACIÓNS!!
viernes, 25 de junio de 2010
rematou a programación cultural do curso 2009-2010
O Ultramarinos rematou a programación cultural deste curso co concerto de Oscar Fernández e Carlos Quintá.
A programación habitual voltará en outubro con boa música en directo e moitas outras actividades e sorpresas.
Pero a música en directo NON REMATA no Ultramarinos!!
ESTE VERÁN SEGUIRÁ HABENDO MÚSICA EN DIRECTO NO ULTRAMARINOS!!!
A programación habitual voltará en outubro con boa música en directo e moitas outras actividades e sorpresas.
Pero a música en directo NON REMATA no Ultramarinos!!
ESTE VERÁN SEGUIRÁ HABENDO MÚSICA EN DIRECTO NO ULTRAMARINOS!!!
jueves, 17 de junio de 2010
O Ultramarinos remata a programación co DÚO FERNÁNDEZ E QUINTÁ
O dúo formado por Carlos Quintá (acordeon diatónico) e Oscar Fernandez (Zanfona) comenza a tocar en directo no 2005 paricipando no encontro de acordeons diatónicos de Ourense, e no Encontro coa zanfona de Narón. Fan música instrumental de autor (o propio dúo) baseada na música tradicional de Galicia e doutros lugares europeos, interpretada con dous instrumentos pouco usuais: o acordeon diatónico e a zanfona. Para escoitar ou Bailar.
XOVES 24 de xuño ás 22.30
entrada 3€
viernes, 11 de junio de 2010
Fluzo presenta o seu disco no Ultramarinos
FLUZO son Javier Álvarez, productor cunha longa traxectoria tras seudónimos como Néboa, Bravido ou Dúo Cobra, e Hevi, seguramente un dos mellores MCs en lingua galega. No seu proxecto en común, a vella escola dase a man coa IDM, a música de 8-bits, o low-fi e o jazz máis experimental. Contrabaixos ao lado de casiotóns modificados, ventos que se comunican con sintetizadores monofónicos, Commodores que falan e gameboys mutantes codeándose con hammonds e vibráfonos... Un regreso ao rap do futuro.
Veñen ao Ultramarinos presentar o seu disco "Fluzo".
http://fluzeando.com
MÉRCORES 16 de xuño ás 22.30hr.
entrada 3€ / entrada + vinilo 10€
lunes, 7 de junio de 2010
SINESTESIA en directo
Este xoven trío compostelán, bota a vista atrás para empapar a súa música do blues do Chicago ou do rock e soul dos sesenta e setenta; sin perder de vista influencias dos pais do rock español contemporáneo (desde Los Piratas a Antonio Vega, pasando por Quique González ou Los Rodríguez). As cancións veñen marcadas polo caracter intimista e desgarrado das súas letras.
XOVES 10 ás 22.30hr
entrada: 3€
entrada + CD: 5€
ROGER DE FLOR & OS SILVESTRES + FRIENDS
O proxecto “Naturalidade Silvestre: O Filme” ten a ambición de
converter a estrea da longametraxe documental sobre Roger de Flor en algo máis do
que soe ser un evento destas características, ao acompañar a exhibición do filme
cun concerto no que os espectadores poidan descubrir en primeira persoa, que
todo o que poderá ver na pantalla é real. Aínda que Roger de Flor é o
protagonista principal deste traballo, a súa figura non deixa de ser unha escusa
para falar de tantos e tantos músicos de salas de pequeno aforo, da situación
musical galega (ou de mais alá do telón de grelos), e en definitiva, da
problemática dos creadores, artesáns e artistas...
MÉRCORES 9 ás 23.00hr
entrada 5€
O documental proxectarase ás 20.00hr no Teatro Principal e o concerto comeza, no Ultramarinos, ás 23.00hr.
martes, 1 de junio de 2010
VICTOR COYOTE en directo no Ultramarinos
De Victor Coyote sóese dicir que saiu airoso dos moitos estilos nos que se sumerxiu. Mentira. Só se sumerxiu nun: o seu. Víctor Coyote é un home tan fiel ás súas conviccións que non as abandonou xamáis. A súa principal convicción é a música popular. Que dende fai xa algúns anos non diferencia entre folclore, música melódica, música de baile, experimentos arty e rock. E eso é o que fai Victor Coyote:unha mestura entre folclore, música melódica, música de baile, experimentos arty e rock.
O disco novo de Victor Coyote, adianto do CD que sairá en outono é un producto híbrido. Practicamente un producto de artesanía folclórica moderna (unha especie de "feito a man" sin o lastre de "calquera tempo pasado foi mellor"). Unha serigrafía con CD single, deseñada, tirada, montada, embolsada, empaquetada, promocionada e posta no punto de venda, practicamente por dúas persoas da discográfica cordobesa EUREKA, o serígrafo e o propio Victor Coyote. Só saen á venda 250 exemplares numerados e firmados.
Victor Coyote xunta o glam-folc coas tradiciones musicais atlánticas e mediterráneas. O símbolo desta nova etapa, o Trébol-Chumbera define perfectamente as súas intencións musicais. En formato “acústico + cachivaches”.
XOVES 3 ás 22.30
entrada 6€
Suscribirse a:
Entradas (Atom)