miércoles, 28 de abril de 2010

EMILIO JOSÉ en concerto


Que o patrón de Ourense lle conserve a Emilio José o xenio, o ensimismamento e o sentido do humor durante moitos anos. O de apeiron debuta cun CD ¡doble! (¿recordan algún caso parecido?) que quere ser unha homenaxe á música que lle gusta. Tematicamente, trátase dunha estampa na que o seu autor imaxina a Elis Regina, Debussy e Marvin Gaye coincidindo a principios do outono de 1987 nun pobo de Galiza sen máis ocupación que a de deixar escrito un feixe de cancións que atoparía Emilio posteriormente. O reto é ese: reinterpretar a partitura coa "miña desastrosa voz", di.

¿E?

Máis ca unha homenaxe, que deixa automaticamente en inferioridade ao tributario, "Chorando Apréndese" é un disco que mostra un doce desequilibrio. ¿É pequeno e caseiro? ¿Maiúsculo e titánico? Máis ca unha homenaxe, dicía, parece unha parodia. Un xogo de desproporcións. Unha obra mestra do pop, en broma. Dese pop que tén como momentos clave do seu evanxelio o encontro entre Brian Wilson e Van Dyke Parks. Ou mellor, a decadencia dese encontro. De feito, é un "Smile" caseiro, construído con pezas de lego e cantado enteiramente en galego. En continuum, como "We're only in it for the money", de Zappa. Unha barbaridade.

Emilio José pasa á acción directa. Apetécelle un Ourense independente. Independente de España, de Galiza e de todo. Con "Chorando Apréndese", gravado e mesturado nun 80% na casa e completado nos Copacabana estudios "en realidade, o rimbombante nome co que o meu primo Álvaro --o outro de apeiron-- chama á súa habitación...", máis que a independencia, o que vén de lograr é quedarse só. Non hai outro igual. Mellor non dar máis claves.

Atención ao disco máis sorprendente que saiu á rúa este ano no noso país

sábado, 24 de abril de 2010


O SOÑO DE ROSA
Este luns o chou-concurso Dar no Cravo movilízase para facer realidade o desexo dunha amiga. Rosa é a señora que anda tódalas noites polo casco vello vendendo chuches e flores. Hai un par de meses expresou un desexo: durante este último ano santo quixera sair a facer o seu percorrido cun traxe galego.
Com...o costa unha pasta (e tempo, e ganas) ninguén se atreveu co reto. Pero @s cravistas podemos con todo... Unha Laika contactou cunha modista que nos vai confeccionar un traxe un pouco máis barato do normal. Agora só nos falta a pasta. Entón só para este luns a participación ó Dar no Cravo custará 3€. Se tiñas dubidas, este luns é un bo día para vir. Ou volver. Ou empezar...

viernes, 23 de abril de 2010


Remata unha semana cargada de actividades:
- o luns Alberto Perez actuou por segunda vez no Ultramarinos. Vellos boleros... cancións de La Madrágora... e a intervención por sorpresa do xenial Quico Cadaval.
- o mércores éxito total do Karaoke Ultramarino que fixemos de proba... Haberá que repetir!! Xa informaremos.
- o xoves, o local abarrotouse para bailar ao son de Los hijos bastardos de Peter Lorre que encheron o local de rock'n'roll.

martes, 20 de abril de 2010

miércoles, 14 de abril de 2010

Jazz no Ultramarinos con Rafael Frenández e Pablo Seoane Dúo


Pablo Seoane é un pianista compostelán e un dos referentes do novo jazz en Galicia. Nesta ocasión aterriza no Ultramarinos acompañado por Rafael Fernández á guitarra e cun repertorio baseado en standars clásicos de jazz.

xoves 15 de abril ás 22.30
entrada 4€

miércoles, 7 de abril de 2010

Programación trimestral ABRIL-XUÑO '10

ABRIL:

LUNS 5, 12 e 26 – DAR NO CRAVO – 22.00 – 1€

MARTES 6 – Concerto benéfico SURVIVAL – 22.30 – 4€

XOVES 15 – Rafael Fernández e Pablo Seoane dúo - 22.30 – 4€

LUNS 19 – Alberto Pérez – 22.30 – 3€

XOVES 22 - Los hijos bastardos de Peter Lorre - 22.30 - 3€ entrada / 5€ entrada + vinilo

MÉRCORES 21 – Karaoke Ultramarino – 22.30

MÉRCORES 28 – Emilio José – 22.30 – 3€



MAIO:

Luns 3, 10, 24 e 31 – DAR NO CRAVO - 22.00 – 1€

XOVES 6 – Marcelo Mercadante&Gustavo Battaglia – 22.30 – 6€

MÉRCORES 19 – ROBERTO SOBRADO – 22.30 – 4€

MARTES 25 – LORETTA MARTIN – 22.30 – 5€

MÉRCORES 26 – MAGO VITUCO – 22.30 – 4€

XOVES 27 – IGLOO – 22.30 – 3€

VENRES 28 – MOFA E BEFA – 22.30 – 5€



XUÑO:


XOVES 3 – VICTOR COYOTE – 22.30 – 6€

XOVES 10 – SINESTESIA – 22.30 – 3€ entrada / 5€ entrada + CD

XOVES 16 - FLUZO - 22.30 - 3€ entrada /10€ entrada + vinilo

VENRES 17 - LOS CHAVALES- 22.30 - 4€

XOVES 24 – DÚO FERNÁNDEZ E QUINTÁ - 22.30 – 3€

domingo, 4 de abril de 2010

Comeza o último trimestre do curso de DAR NO CRAVO


O luns 5 de abril arranca un novo trimestre do noso particular xogo DAR NO CRAVO. Neste último trimestre do curso incluiremos algún cambio do que xa vos iremos informando...