miércoles, 28 de abril de 2010
EMILIO JOSÉ en concerto
Que o patrón de Ourense lle conserve a Emilio José o xenio, o ensimismamento e o sentido do humor durante moitos anos. O de apeiron debuta cun CD ¡doble! (¿recordan algún caso parecido?) que quere ser unha homenaxe á música que lle gusta. Tematicamente, trátase dunha estampa na que o seu autor imaxina a Elis Regina, Debussy e Marvin Gaye coincidindo a principios do outono de 1987 nun pobo de Galiza sen máis ocupación que a de deixar escrito un feixe de cancións que atoparía Emilio posteriormente. O reto é ese: reinterpretar a partitura coa "miña desastrosa voz", di.
¿E?
Máis ca unha homenaxe, que deixa automaticamente en inferioridade ao tributario, "Chorando Apréndese" é un disco que mostra un doce desequilibrio. ¿É pequeno e caseiro? ¿Maiúsculo e titánico? Máis ca unha homenaxe, dicía, parece unha parodia. Un xogo de desproporcións. Unha obra mestra do pop, en broma. Dese pop que tén como momentos clave do seu evanxelio o encontro entre Brian Wilson e Van Dyke Parks. Ou mellor, a decadencia dese encontro. De feito, é un "Smile" caseiro, construído con pezas de lego e cantado enteiramente en galego. En continuum, como "We're only in it for the money", de Zappa. Unha barbaridade.
Emilio José pasa á acción directa. Apetécelle un Ourense independente. Independente de España, de Galiza e de todo. Con "Chorando Apréndese", gravado e mesturado nun 80% na casa e completado nos Copacabana estudios "en realidade, o rimbombante nome co que o meu primo Álvaro --o outro de apeiron-- chama á súa habitación...", máis que a independencia, o que vén de lograr é quedarse só. Non hai outro igual. Mellor non dar máis claves.
Atención ao disco máis sorprendente que saiu á rúa este ano no noso país
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario