martes, 18 de mayo de 2010
Nado musicalmente coa etiqueta de cantautor, baixo a influencia de Sabina e Silvio, publica o seu primeiro traballo en 1999, "Inventario de inquedanzas nº 1", logo de gañar o II Certame Pop-Rock Xunta de Galicia. Comeza a tocar de forma regular en Compostela nese mesmo ano, e iso serve de plataforma de lanzamento para os locais do resto do país. Coa incorporación de novos músicos, vai dando forma á súa banda que, cunha orientación pop-rock, autoedita o segundo disco en 2003, "Pan e circo", e o terceiro en 2005, "Agasallos sen promesas". De exilio voluntario no Liverpool dos Beatles dende outubro de 2004, continúa compoñendo novos temas e chega a tocar en solitario no mítico The Cavern. Volta a Galiza no 2007 para refacer a banda e presentar o novo proxecto "Noroeste extraño", unha proposta calamariana dos temas nados en Liverpool máis outros rescatados do antigo repertorio. Toda a info en:www.sobradoebanda.net
Roberto Sobrado é música e poesía. Sempre vai haber algún acorde que saia da súa guitarra para encher unha festa, sempre un verso a ilustrar un capítulo da vida. Comezou con Silvio, Sabina e Serrat, logo deulle por Calamaro e Reixa, mais os seus propios versos e melodías non lles desmerecen a ningún deles nin en forza nin en compromiso.
Os seus discos son cálidos os seus directos dinámicos. Non dubidedes en achegarvos a el porque sempre sairedes cun sorriso, sempre levaredes un retrouso no corazón.
Música feita con sentidiño e sentimento. Música feita en Galiza e en galego.
http://www.myspace.com/robertosobrado
MÉRCORES 19 DE MAIO ás 22.30
entrada 4€
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario